XULLO2017(5)

En xuño de hai 3 anos, a Deputación de Lugo e o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela asinaron un protocolo de colaboración para a inmediata posta en marcha dun Plan de Choque en Impulso do Campus Terra que inclúe 13 medidas.

Dentro destas 13 medidas, concretouse a elaboración dun plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións nas que non se cobren as prazas.

Desta forma, ao te matriculares por vez primeira no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, recibirás nada máis e nada menos que un desconto no 50% da túa matrícula en determinadas carreiras.

O desconto do 50% aplicarase sobre o prezo da matrícula válido para alumnos españois, procedentes da Unión Europea ou de países alleos á Unión Europea con residencia legal en España. Os restantes alumnos non contemplados nas situacións anteriores terán como tope máximo de desconto o 50% sobre o prezo de matrícula válido para alumnos españois.

O primeiro que tes que facer é tomar unha decisión: elixe unha das especialidades para que o teu futuro empece nunha das titulacións.

Despois, só tes que acceder á páxina web da USC. Consulta aquí os distintos prazos de matrícula. No momento de pagar xa se che descontará de xeito automático o 50% do importe.

Este plan de bolsas xa foi ofrecido para os estudantes que se matricularon en anos anteriores con máis de 300 persoas beneficiarias. Vas quedar ti sen el?

Por suposto. O obxectivo do Plan de Choque para Impulsar o Campus Terra vai moito máis: mellores prácticas na túa carreira, máis saídas de campo para poñer en práctica o que aprendas, melloras nas facultades e no propio Campus… Todo coa finalidade de que o Campus ofreza máis e mellores servizos e que poidas aproveitar ao máximo a túa experiencia universitaria.

Se tes algunha dúbida sobre o programa de bolsas ou queres ampliar a información sobre graos, facultades ou sobre o Campus Terra, podes contactar con nós a través de diferentes vías:

 

  • Podes chamarnos por teléfono de 09:00 a 14:30, de luns a venres, ao 982 823 581
  • Podes achegarte ao Campus Terra e falar con nós no seguinte enderezo: Edificio Biblioteca Intercentros.
  • Pregúntanos o que queiras vía Twitter en @campusterraUSC