Hora

Comezo:
Remake:

Descrición

17 de outubro (15:00 NERTA) / Matrícula 18, 19 e 20 outubro (ata 14:00) O/a estudante que desexe iniciar estudos oficiais de grao na USC deberá realizar unha solicitude de acceso ou preinscrición cumprimentando un formulario, preferentemente a través da aplicación informática NERTA, na seguinte ligazón: Instrucións para alumnos sen datos en NERTA Tamén se pode realizar a preinscrición nun LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentación) en horario de oficina (de 09:00 a 14:00 horas):
  • LERD 2 Campus de Lugo. Edificio Biblioteca-Intercentros, andar baixo. Campus Universitario 27002, Lugo. Tel: 982 285 900, extensións: 23577/23579/23578. Fax: 982 823560. Correo: sxa.lugo@usc.es
A solicitude de preinscrición para iniciar estudos oficiais de Grao é única e obrigatoria para realizar estudos en calquera das universidades públicas de Galicia , nela relacionaranse os graos e os centros nos que desexa ser admitido segundo unha rigorosa orde de preferencia que comezará coa de maior interese. A devandita orde será vinculante durante todo o proceso de admisión. Dentro do prazo de preinscrición poderanse realizar as modificacións que se desexen e se consideren necesarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *