Address

Facultade de Administración e Dirección de Empresas: Avda. Alfonso X O Sabio, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 824 403 Fax: 982 285 961

Categories

Grao

Descrición

O importante papel desempeñado polas pequenas e medianas empresas no tecido empresarial esixe, cada vez máis, a presenza de profesionais altamente cualificados, dotados de competencias e habilidades específicas, diferentes das requiridas en empresas de maior tamaño. Este Grao está enfocado á formación de emprendedores e xestores de PEMES que sexan capaces de liderar novos proxectos empresariais ou ben de participar na xestión doutros xa existentes. O título oferta dous itinerarios diferentes: Xestión Internacional da Empresa, e Contabilidade e Fiscalidade. O primeiro capacita aos alumnos para desempeñar postos de xestor de área ou de proxectos dentro de empresas con negocios internacionais; o segundo os faculta para levar a cabo a planificación contable relacionada co ámbito fiscal, necesidade amplamente demandada pola pequena e media empresa actual.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos dos que 60 son de formación básica, 144 de materias obrigatorias e 36 créditos optativos a escoller entre os 72 ofertados. As materias optativas organízanse en dous itinerarios de 31,5 créditos cada un. O alumno poderá cursar calquera das materias optativas ofertadas. No caso de cursar todas as materias optativas dun dos itinerarios, ou dos dous, se lle recoñecerá a Mención do Itinerario no correspondente título.

Saídas profesionais

Este Grao está enfocado á formación de emprendedores e xestores de PEMES capacitados para liderar proxectos produtivos en áreas específicas xa existentes ou para deseñar e poñer en marcha novos proxectos empresariais e sociais de alto impacto no benestar da comunidade. Os alumnos que cursen a especialidade de Xestión Internacional da Empresa terán unha capacitación para desempeñar postos de xestor de área ou de proxectos dentro de empresas con negocios internacionais, consultoría especializada en marketing internacional, xestión administrativa internacional, responsábel de estratexia e organización internacionais ou como técnico en organismos públicos vinculados ao apoio á promoción exterior das empresas. Os que cursen a especialidade de Contabilidade e Fiscalidade serán capaces de levar a cabo a planificación contable relacionada co ámbito fiscal, necesidade ampliamente demandada pola pequena e mediana empresa actual. As novas tecnoloxías e as novas relacións económicas necesita persoas con novas capacidades de adaptación, innovación e emprendimiento para desempeñar as tarefas propias desta nova realidade social e económica; por iso esta titulación está dirixida á formación de persoas que están en disposición de responder desde o mundo das PEMES, claramente dominantes no tecido económico galego, aos novos retos que se suscitan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *