Address

Facultade de Relacións Laborais: Complexo Docente do Campus de Lugo. 27002 Lugo. Fax: 982824806 Teléfono: 982824800

Categories

Grao

Descrición

Os obxectivos xerais do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretenden que, tras a superación dun programa de formación multidisciplinar, o graduado, como experto que será no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións…), adquira as competencias necesarias para exercer de xeito adecuado a profesión de Graduado Social, intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizacións, ademáis de asesorar, prestar apoio e emitir ditames no ámbito sociolaboral. O acceso ao exercicio da profesión de Graduado Social obtense mediante a acreditación da posesión do título oficial de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos,ou títulos anteriores homologados de Diplomado en Relacións Laborais ou Graduado Social ou Graduado Social diplomado. Xunto a iso, a regulación normativa das súas competencias profesionais e a colexiación obrigatoria definen este perfil profesional, plenamente consolidado e cunha longa traxectoria no mercado de traballo. Segundo datos ofrecidos polo Consello Xeral de Colexios Profesionais de Graduados Sociais de España, existen na actualidade máis de 25.000 Graduados Sociais Colexiados, cuxa actuación profesional abrangue o asesoramento do 85% da pequena e mediana empresa.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos que están formados por 60 créditos de formación básica, 150 de materias obrigatorias e 30 créditos optativos.

Saídas profesionais

O acceso ao exercicio da profesión de Graduado Social obtense mediante a acreditación da posesión do título oficial de diplomado en Relacións Laborais, establecido no RD 1429/1990 de 26 de outubro, ou títulos anteriores homologados de Graduado Social. Xunto a iso, a regulación normativa das súas competencias profesionais e a colexiación obrigatoria definen este perfil profesional, plenamente consolidado e cunha longa traxectoria no mercado de traballo. Segundo datos ofrecidos polo Consello Xeral de Colexios Profesionais de Graduados Sociais de España, existen na actualidade máis de 25.000 Graduados Sociais Colexiados, cuxa actuación profesional abranxe o asesoramento do 85% da pequena e mediana empresa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *