Address

Facultade de Veterinaria: Avda. Carballo Calero, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 822 012 Fax: 98 225 2195

Categories

Doutoramento

Descrición

O Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria provén da actualización daquel primeiro Programa de Doutoramento no Campus de Lugo denominado Introdución á Investigación en Patoloxía Animal (1989) ás distintas lexislacións estatais e autonómicas dos estudos de doutoramento, e que o seu fin fundamental foi formar doutores que puideran desenvolver os máis altos postos académicos, administrativos e profesionais; esta afirmación a confirman os excelentes currículos dos doutorandos egresados no noso Departamento. O Programa forma doutores pero tamén persoas, que saiban desenvolverse no amplo eido da Veterinaria, para desenvolver os seus coñecementos así como para obter no futuro outros novos, que permitan a estes doutores ser líderes e persoas de confianza nas grandes empresas, administración e educación. Todo iso conséguese facendo atraínte a busca do coñecemento xeral e específico, estimular a crítica e o buscar as solucións ao problema formulado. Todo isto baseado na comunicación e no respecto mutuo profesor – doutorando, e como é normal no currículo de cada un dos profesores que forman o claustro docente do doutoramento, recoñecido polos seus amplos méritos investigadores, docentes e asistenciais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *