Address

Facultade de Formación do Profesorado: Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. 27071 Lugo. Teléfono: 982 821 005 Fax: 982 821 057

Categories

Máster

Descrición

O obxectivo fundamental do Máster é ofrecer a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia nos mesmos. Así, procura capacitar ao futuro profesorado para que poida ensinar os contidos da área de coñecemento na que se formou no grao, actuar profesionalmente como membro dun equipo docente participando no marco dunha comunidade educativa situada nun contexto sociocultural concreto e exercer de facilitador da aprendizaxe do alumno, chegando a ser plenamente competente nas funcións titoriais de orientación persoal, académica e profesional.

Plan de estudos

O máster require a superación de 60 créditos, estruturados en catro módulos, a cursar nun ano:
  1. 1. Xenérico 16 ECTS obrigatorios
  2. Específico 26 ECTS obrigatorios
  3. Prácticum 12 ECTS obrigatorios
  4. Traballo Fin de Máster 6 ECTS obrigatorios

Saídas profesionais

O Máster que habilita para o exercicio da docencia como Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas (Resolución de 17 de decembro de 2007, BOE nº 305 de 21 de decembro, da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación) polo que se establecen as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio das profesións reguladas de Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas) é requisito específico para o ingreso nos Corpos de Profesores de Ensino Secundario, profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Música e Artes Escénicas, Profesores Artes Plásticas e Deseño, Mestres de Taller de Artes Plásticas e Deseño e Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *