Address

Facultade de Ciencias. Avda. Alfonso X O Sabio, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 824 009. Fax: 982 285 872

Categories

Grao

Descrición

A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de “un profesional da saúde”, con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, a saúde pública desde os organismos gobernamentais, as empresas do sector da alimentación, a restauración colectiva e social. A profesión de dietista-nutricionista leva impícita no seu exercicio a educación alimentaria e nutricional en calquera dos campos onde é posible exercela. A figura do dietista, sempre de acordo coa sociedade en que desenvolve o seu labor, actúa nos seguintes ámbitos con funcións específicas de cada un deles: dietista clínico, comunitario ou de saúde pública, dietista en restauración colectiva, na industria, na actividade docente e como investigador.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos, conformados por 60 créditos de formación básica, 168 créditos obrigatorios e 12 créditos optativos.

Saídas profesionais

Esta titulación habilita para o exercicio das profesións que se estabelecen por desenvolvemento normativo de:
  • Resolución 2642 do 5 de febreiro de 2009 (BOE Nº 41,17/02/2009) da Secretaría de Estado de Universidades, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, polo que se estabelecen as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio da profesión regulada de Dietista-Nutricionista.
  • Orde CIN/730/2009, do 18 de marzo, (BOE Nº 73, 26/03/2009) pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Dietista-Nutricionista.
A profesión de dietista-nutricionista leva implícita no seu exercicio a educación alimentaria e nutricional en calquera dos campos onde é posible exercela. A figura do dietista, sempre de acordo coa sociedade en que desenvolve o seu labor, actúa nos seguintes ámbitos con funcións específicas de cada un deles:
  • dietista clínico
  • dietista comunitario ou de saúde pública.
  • dietista en restauración colectiva
  • dietista na industria
  • dietista docente
  • dietista investigador

2 comments

  1. Soledad

    Me gustaria saber o precio, cando teño que facer a matricula, e informacion en xeral sobre Nutricion Humana e Dietetica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *