Address

Facultade de Formación do Profesorado: Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. 27071 Lugo. Teléfono: 982 821 005 Fax: 982 821 057

Categories

Grao

Descrición

O título de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria conduce ao exercicio dunha profesión regulada, a de Mestre/a de Educación Primaria. A titulación ten por obxecto formar profesionais que coñezan as áreas curriculares da Educación Primaria e a relación interdisciplinar entre elas, capaces de deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais, abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. No Campus de Lugo ofértanse seis mencións cualificadoras: Lingua estranxeira: francés, Lingua estranxeira: inglés, Lingua estranxeira: alemán, Educación Física, Audición e Linguaxe e Titoría e Xestión de Centros. No ámbito docente e formativo, onde se concentra a súa actividade profesional, os mestres e mestras poden traballar en centros de ensino públicos e privados, academias, centros de educación permanente, servizos educativos en centros sanitarios, centros socioculturais, centros de acollida, etc. No ámbito empresarial, poden realizar actividades de asesoramento en empresas de xogos, de materiais didácticos, editoriais, parques temáticos, etc. Hai que destacar que unha apropiada formación complementaria ao longo da carreira e a formación continua e a especialización, unha vez acabados os estudos, facilitan significativamente as posibilidades de inserción laboral.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos que están formados por 60 créditos de formación básica, 153 de materias obrigatorias e 27 créditos optativos.

Saídas profesionais

No ámbito docente e formativo, onde se concentra a súa actividade profesional, os mestres e mestras poden traballar en centros de ensino públicos e privados, academias, centros de educación permanente, servizos educativos en centros sanitarios, centros socioculturales, centros de acolleita, etc. No ámbito empresarial, poden realizar actividades de asesoramento en empresas de xogos, de materiais didácticos, editoriais, parques temáticos, etc. Hai que destacar que unha apropiada formación complementaria ao longo da carreira e a formación continua e a especialización, unha vez acabados os estudos, facilitan significativamente as posibilidades de inserción laboral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *