Address

Facultade de Formación do Profesorado Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. 27071 Lugo. Teléfono: 982 821 005 Fax: 982 821 057

Categories

Grao

Descrición

O título de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil capacita para exercer a profesión de Mestre/a de Educación Infantil. Trátase dunha profesión regulada coa que se atenden evidentes necesidades sociais e cuxa importancia é indiscutible, sobre todo dende o momento en que se asume a importancia educativa da etapa de 0 a 6 anos, alén da mera custodia. Trátase dun tramo cun elevadísimo potencial educativo dada a transcendencia dos primeiros anos de vida no desenvolvemento integral da persoa. Para este período determinante é necesario dispor de profesionais docentes solidamente formados, capaces de dar resposta aos retos educativos da etapa. No ámbito docente e formativo, onde se concentra a súa actividade profesional, os mestres e mestras poden traballar en centros de ensino públicos e privados, especialmente escolas infantís de primeiro e segundo ciclo, academias, centros de educación permanente, servizos educativos en centros sanitarios, centros socioculturais, centros de acollida, etc. No ámbito empresarial, poden realizar actividades de asesoramento en empresas de xogos, de materiais didácticos, editoriais, parques temáticos, etc. Hai que destacar que unha apropiada formación complementaria ao longo da carreira e a formación continua e a especialización, unha vez acabados os estudos, facilitan significativamente as posibilidades de inserción laboral.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos que están formados por 102 créditos de formación básica, 111 de materias obrigatorias e 27 créditos optativos.

Saídas profesionais

Mestre/a de Educación Infantil, regulada mediante acordo do Consello de Ministros de 14 de decembro de 2007 (BOE 21 de decembro de 2007). No ámbito docente e formativo, onde se concentra a súa actividade profesional, os mestres e mestras poden traballar en centros de ensino públicos e privados, especialmente escolas infantís de primeiro e segundo ciclo, academias, centros de educación permanente, servizos educativos en centros sanitarios, centros socioculturales, centros de acolleita, etc. No ámbito empresarial, poden realizar actividades de asesoramento en empresas de xogos, de materiais didácticos, editoriais, parques temáticos, etc. Hai que destacar que unha apropiada formación complementaria ao longo da carreira e a formación continua e a especialización, unha vez acabados os estudos, facilitan significativamente as posibilidades de inserción laboral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *