Address

Facultade de Formación do Profesorado: Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982821005 Fax: 982821057

Categories

Grao

Descrición

Esta dobre titulación está orientada a formar profesionais idóneos para exercer tanto no ámbito da educación infantil (0-6 anos) como na educación primaria (6-12 anos).
    Os dous títulos habilitan para o exercicio de profesións reguladas (Mestre/a en educación infantil e Mestre/a en educación primaria).
Os/as Mestre/a de Educación Infantil atenden necesidades sociais cuxa importancia é indiscutible, sobre todo dende o momento en que se asume a importancia educativa da etapa de 0 a 6 anos, alén da mera custodia. Trátase dun tramo cun elevadísimo potencial educativo dada a transcendencia dos primeiros anos de vida no desenvolvemento integral da persoa. Para este período determinante é necesario dispor de profesionais docentes solidamente formados, capaces de dar resposta aos retos educativos da etapa.
    O título de Grao en Mestre/a de Educación Primaria ten por obxecto formar profesionais que coñezan as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, capaces de deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outro persoal docente e profesional, abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *