Address

Escola Politécnica Superior: Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Máster

Descrición

O máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económica e cultural. O seu eixo central é o deseño de novos modelos de xestión territorial, nun contexto complexo, adecuándose ás características de cada espazo. Unha realidade complexa só pode ser abordada desde un enfoque multisectorial e transdisciplinar, polo que o máster inclúe contidos de carácter tecnolóxico, ambiental, de planificación, xestión e sociais. O programa está concibido para formar no coñecemento e as técnicas necesarias para a investigación e o exercicio profesional na planificación dos usos do solo e o deseño de políticas e programas para levar a cabo unha xestión sostible da terra como recurso. Estes profesionais deben familiarizarse coa teoría e práctica dos procesos de avaliación, planificación e resolución de conflitos da propiedade, nun contexto diverso tanto no sector público como empresarial ou as organizacións da sociedade civil e de investigación académica. Programa Ten 60 créditos distribuídos en dous semestres:
  1. Políticas e Instrumentos 13,5 ECTS obrigatorios
  2. Planificación e Xestión 24 ECTS
  3. Técnicas de Análise e Xestión 22,5 ECTS
  4. Traballo Fin de Máster 9 ECTS obrigatorios

Saídas profesionais

A formación adquirida debe servir tanto para formar especialistas no deseño e xestión de políticas públicas, de aplicación de programas territoriais e sectoriais, ou na consultoría especializada, así como para completar a formación académica dos graduados. O plan de estudos está orientado á preparación de persoal cualificado no estudo e análise territorial e no aproveitamento do potencial dos usos do chan, a identificación de oportunidades e estratexias, o coñecemento do marco normativo e institucional e no deseño de políticas sectoriais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *