Address

Facultade de Humanidades: Complexo Docente do Campus de Lugo, 27002 Lugo. Teléfono: 982 824 700 Fax: 982 285 875

Categories

Máster

Descrición

O Máster en Servizos Culturais oriéntase á formación de tituladas/os de posgrao que sexan capaces de exerceren unha actividade organizada e innovadora en calquera ámbito dos pertencentes á cultura aplicada. As persoas que obteñan o título estarán preparadas para traballaren, ben por conta propia ben integrando e dirixindo estruturas que se ocupen de calquera aspecto dos relacionados coa transmisión e creación de valor para o universo cultural con vistas a facilitar o seu acceso e desfrute por parte ben da sociedade en xeral, ben de sectores específicos desta. Dada a evidente polisemia do termo cultura, os ámbitos de traballo dos e as especialistas na interpretación aplicada deste termo son tamén amplos e diversos entre si, mais todos teñen en común a vocación de servizo, de posta a disposición activa da cultura con vistas á súa transmisión a sectores concretos da cidadanía (infancia, terceira idade, profesionais, etc.) ou a esta entendida na súa globalidade. Entre os perfís e ámbitos profesionais máis coñecidos nos que poden aplicar os seus coñecementos os egresados e egresadas do título destacan os seguintes:
  • Conservación, promoción e ordenación do patrimonio cultural.
  • Xestión e programación cultural en institucións e administracións públicas.
  • Dinamización cultural (promoción da cultura en distintas institucións e organización de proxectos e eventos culturais).
  • Deseño e coordinación de exposicións en museos e galerías de arte.
  • Asesoramento e xestión de empresas ou entidades públicas de carácter cultural.
  • Promoción e xestión dos recursos culturais orientada ao turismo.
  • Cooperación cultural internacional e ONGs.

Plan de Estudos

O plan de estudos (60 créditos ECTS) está estruturado en materias de tres e seis créditos que se organizan en 5 módulos e que son impartidas en dous semestres.
  1. Materias obrigatorias: 24 ECTS
  2. Xestión dos bens culturais: 24 ECTS
  3. Xestión do patrimonio lingüístico e literario:24 ECTS
  4. Dimensións aplicadas da cultura: 24 ECTS
  5. Traballo Fin de Máster (liña profesional): 6 ECTS

Saídas profesionais

Hai un incremento na demanda de investigación e de profesionalización para o estudo dos problemas e dinámicas culturais, así como para a xestión de todo tipo de bens e servizos culturais (memorias, paisaxes, linguas, identidades, símbolos e dereitos culturais). Con este máster fórmanse especialistas na xestión cultural nun ámbito de traballo específico (musealización, xestión cultural, mercado editorial, etc.) e tamén profesionais ocupados na xestión da cultura nun sentido patrimonial (patrimonio arqueolóxico, etnográfico, documental, etc.).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *