Address

Facultade de Ciencias: Avda. Alfonso X O Sabio, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 824 009 Fax: 982 285 872

Categories

Máster

Descrición

O máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental (MPRLESM) proporciona o coñecemento teórico e práctico da prevención de riscos laborais, que permite a homologación para o exercicio profesional, como técnico superior de prevención de riscos laborais, nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada, segundo o RD 39/1997, ademais de cumprir cos contidos mínimos sobre formación en auditorías en prevención de riscos laborais, así como cos criterios da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo para ser técnico competente, consonte a Disposición adicional da Lei de edificación. O máster promove tamén o coñecemento da toxicoloxía laboral e a súa aplicación na prevención de enfermidades profesionais asociadas á exposición a axentes tóxicos no medio laboral e proporciona ao alumnado un coñecemento completo dos principais problemas ambientais, así como os seus efectos sobre os ecosistemas e a saúde da poboación.

Plan de estudos

Ten 90 créditos distribuídos en tres semestres: Primeiro ano Créditos
  1. Parte común Técnico Nivel Superior en Prevención de Riscos Laborais 25 ECTS obrigatorios
  2. Especialidade de Seguridade no Traballo 7 ECTS obrigatorios
  3. Especialidade de Hixiene Industrial 7 ECTS obrigatorios
  4. Especialidade de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada 7 ECTS obrigatorios
  5. Coordinador de Seguridade e Saúde na Construción 14 ECTS obrigatorios
Segundo ano
  1. Auditor en Sistemas de Xestión en Prevención de Riscos Laborais 6 ECTS obrigatorios
  2. Toxicoloxía Laboral 5 ECTS obrigatorios
  3. Saúde Medioambiental 10 ECTS obrigatorios
  4. Traballo Fin de Máster e Prácticas en Empresas 9 ECTS obrigatorios

Saídas profesionais

Os alumnos que terminen o máster poden ter unha saída profesional tanto para a empresa privada como nas Entidades Públicas, especialmente como Técnico Superior de Riscos Laborais nas Especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, ao amparo do RD 39/1997, así coma os referidos á formación en Auditorías, Protección de riscos laborais na construcción e toxicoloxía laboral e saúde ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *