Address

Escola Politécnica Superior: Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Máster

Descrición

O obxectivo xeral é a formación de técnicos capacitados para planificar, proxectar, organizar e dirixir os espazos forestais e os bens e servizos que estes proporcionan. Protexer o solo, conservar e regular os recursos hídricos, asegurar a continuidade das especies de flora e fauna silvestre, mellorar o medio ambiente rural, estudar e organizar a repoboación e conservación dos montes e aproveitar os recursos forestais, tanto para a súa transformación pola industria como para o doce directo. Dentro das súas competencias está a construción de pistas forestais e edificacións para o almacenamento, secado e transformación de madeira. Adquírense coñecementos de loita contra as pragas e enfermidades das plantas, a prevención e extinción de incendios, a protección e fomento da fauna silvestre, tanto terrestre como acuícola e a mellora das especies vexetais. Preténdese que os estudantes que rematen o Máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro de Montes e saiban manexar os recursos naturais renovábeis de forma racional.

Plan de estudos

Ten 100 créditos e inclúe 8 módulos: Primeiro ano
  1. Industrias e Enerxías Forestais 20 ECTS obrigatorios
  2. Planificación e Mellora Forestal a Escala Territorial 20 ECTS obrigatorios
  3. Organización de Empresas e Política Forestal e do Medio Natural 20 ECTS obrigatorios

Segundo ano

  1. Especialidade en Espazos Naturais protexidos 18 ECTS optativos
  2. Especialidade en Incendios Forestais 18 ECTS optativos
  3. Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal 18 ECTS optativos
  4. Prácticas Externas 10 ECTS obrigatorios
  5. Traballo Fin de Máster 12 ECTS obrigatorios

Saídas

As actividades profesionais que, en maior medida, desenvolven os Enxeñeiros de Montes se engloban dentro do epígrafe de enxeñaría e inclúe as consultorías, a construción de instalacións, o medio ambiente e a seguridade e saúde; en segundo lugar figuran os empregos na administración pública e nas empresas de suministros e servizos, mentres que a colocación en actividades relacionadas co I+D é inferior ao 10%. Os tres perfís profesionais máis recorrentes son os proxectos e consultorías (18,3%), a silvicultura, ordenación de montes e piscicultura (14,5%) e a protección e defensa contra incendios forestais (11,5%).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *