Address
Escola Politécnica Superior:Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001
Categories
MásterDescrición
O obxectivo xeral do Máster en Enxeñaría Agronómica é a formación de técnicos superiores capacitados para planificar, proxectar, organizar, controlar e dirixir os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agroalimentario, incluíndo as infraestruturas e instalacións necesarias para o desempeño eficiente das devanditas actividades produtivas, todo iso nun marco de protección e conservación do medio ambiente e de desenvolvemento e mellora do medio rural.
O alumnado, a través dos seus coñecementos científicos e tecnolóxicos e a súa habilidade creadora, será capaz de deseñar sistemas de aproveitamento económico dos recursos da natureza para obter e transformar alimentos, fibras para tecidos e outros vexetais ou animais útiles para o home. O alumnado capacitarase para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Agrónomo e para manexar os recursos naturais renovables de forma racional.
Programa
Ten 100 créditos e inclúe nove módulos: Primeiro ano- Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural 20 ECTS obrigatorios
- Tecnoloxía da Produción Vexetal e Animal 20 ECTS obrigatorios
- Tecnoloxía das Industrias Agroalimentarias 10 ECTS obrigatorios
- Xestión e Organización de Empresas Agroalimentarias 10 ECTS obrigatorios
- 5. Especialidade en Agroenxeñaría 18 ECTS optativos
- Especialidade en Enxeñaría da Produción de Leite 18 ECTS optativos
- Especialidade en Vitivinicultura 18 ECTS optativos
- Prácticas Externas 10 ECTS obrigatorios
- Traballo Fin de Máster 12 ECTS obrigatorios