Address

Escola Politécnica Superior: Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Máster

Descrición

O máster aínda que ten un perfil profesional, permite o acceso aos estudos de doutoramento de diferentes Programas, e específicamente ao “Doutoramento en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil” da USC. Está orientado a titulados que no desempeño da súa actividade profesional, descobren a necesidade de formarse na dirección de proxectos. Os seus contidos formativos abarcan as áreas de coñecemento recoñecidas polas dúas organizacións internacionais líderes neste campo: o Project Management Institute (PMI) e a International Project Management Association (IPMA).

Plan de Estudos

O plan de estudos está estruturado en tres módulos que fan un total de 60 créditos: Módulos Créditos
  1. Fundamentos da Dirección de Proxectos 30 ECTS
  2. Prácticas en Empresa 15 ECTS
  3. Traballo Fin de Máster 15 ECTS

Saídas profesionais

Cabe destacar que na actualidade asistimos a unha demanda profesional crecente de formación en dirección de proxectos nos diferentes sectores produtivos e de servizos (construción, fabricación, informática, I+D, axuda ó desenvolvemento, etc.). Demanda que non ten ata actualidade unha resposta enérxica do Sistema Univeristario, agás en rexións como Cataluña, Comunidade Valenciana ou Madrid (zonas en que, por outra banda, as titulacións en dirección de proxectos son títulos propios), polo que a presente proposta serviría para situar as Universidades de Galicia no mesmo termo que as máis avanzadas, neste campo, do Estado. A xustificación da necesidade de ofrecer un posgrao profesional en dirección de proxectos vén dada pola elevada demanda de profesionais expertos en dirección de proxectos que está a acontecer na actualidade. A diario se poden ver na prensa escrita, nacional e europea, abundantes anuncios de traballo con denominacións como “xefe de proxecto”, “director de programa”, “director de proxecto”, “xerente de proxecto” ou, directamente (incluso en España), “programmanager” ou “project manager”. Existe, por tanto unha demanda clara deste tipo de profesional. A necesidade da existencia dun profesional que poda realizar unha integración horizontal e vertical para a dirección de todos os recursos que se dispoñan no proxecto, esixe un alto nivel de aprendizaxe previa, así como uns coñecementos teórico-prácticos específicos para este profesional .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *