Address

lustre Colexio de Avogados de Lugo: Rúa Pascual Veiga, 2 - 27002, Lugo

Categories

Máster

Descrición

A regulación do réxime de acceso á profesión de avogado en España ten a súa plasmación na Lei sobre o acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais, cuxo obxecto se cingue á regulación das condicións de obtención do título profesional de avogado. Esta disposición legal, conxuntamente coa súa normativa de desenvolvemento, poñen de manifesto a importancia da formación práctica que deben recibir os futuros avogados para o seu adecuado exercicio profesional no seu labor de asesoramento e consello xurídico e defensa dos dereitos públicos e privados das partes en toda clase de procesos, ao tempo que mostran a insuficiencia da obtención dunha titulación universitaria para a súa formación integral. En consecuencia, ten un dobre perfil: terá validez como formación específica comprensiva do “curso de formación” e do período formativo de “prácticas externas” esixidos normativa vixente para acceder ás avaliacións de aptitude profesional que permiten obter o título profesional de avogado; e, ao mesmo tempo, configúrase como un título de máster oficial universitario, integrándose como tal dentro do espazo europeo de ensino universitario.

Programa

Os 90 ECTS da titulación distribúense en 19 materias obrigatorias, que á súa vez se agrupan en catro módulos:
  1. Introdución ao Exercicio Profesional e Deontoloxía 12 ECTS obrigatorios
  2. Práctica Xurídica 42 ECTS optativos
  3. Prácticas Externas 30 ECTS optativos
  4. Traballo Fin de Máster 6 ECTS obrigatorios

Saídas profesionais

A Lei de Acceso ás Profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais esixe, a partir da súa entrada en vigor, a obtención do título profesional de avogado “para o desempeño da asistencia letrada naqueles procesos xudiciais e extraxudiciais en que a normativa vixente impoña ou faculte a intervención de avogado e, en todo caso, para prestar asistencia letrada ou asesoramento en dereito utilizando a denominación de avogado”. En definitiva, o Máster que se propón pretende cubrir a necesidade de capacitación profesional esixida pola Lei 34/2006, na súa modalidade de vía idónea para a obtención do título profesional de avogado e, en particular, para a formación de profesionais da avogacía que posúan os coñecementos, competencias, técnicas e destrezas precisas no ámbito deontolóxico, extraxudicial e xudicial, para un adecuado desempeño do exercicio profesional. Intégrase así a formación que se propón no marco do Espazo Europeo de Educación Superior, por canto en todos os países de Europa se esixe un período de formación específica de contido práctico, tras obter a licenciatura ou o grao en Dereito, para o exercicio profesional como avogado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *