Address

Fundación Juana de Vega ,A Coruña

Categories

Máster

Descrición

O máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega nace no ano 2006 froito dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Juana de Vega co obxectivo de dar formación especializada no ámbito do paisaxismo, cubrindo o burato formativo existente no sistema universitario español e galego en relación á disciplina da arquitectura da paisaxe e o complexo mundo de coñecementos que se relacionan coa mesma. Actualmente en Europa existe un movemento asociativo de Escolas de Arquitectura da Paisaxe que se denomina ECLAS (European Council of Landscape Architecture Schools) que ten por obxecto promover e desenvolver os estudos de arquitectura da paisaxe fomentando o contacto e o enriquecemento dos mesmos a través do diálogo entre os membros da comunidade académica e representando ás Escolas/estudos a nivel institucional no ámbito da Unión Europea. En consonancia con este Consello Europeo estase a desenvolver a rede temática “Le-Notre” que engloba a máis de 100 universidades de todo o mundo para a homoxeneización dos estudos de arquitectura da paisaxe a nivel global.

Programa

O título oferta 60 créditos obrigatorios, que deben cursar todos os alumnos, así como 6 créditos de complementos formativos, dos que os alumnos deben realizar 3 ou 6 (1 ou 2 materias) en función da titulación de orixe.
  1. Complementos Formativos I: Deseño Gráfico 3 ECTS optativos
  2. Complementos Formativos II: Ciencias Ambientais 3 ECTS optativos
  3. Complementos Formativos III: Deseño Gráfico e Ciencias Ambientais 6 ECTS optativos
  4. Materias Obrigatorias 51 ECTS obrigatorios
  5. Traballo Fin de Máster 9 ECTS obrigatorios

Saídas profesionais

Formación de profesionais da arquitectura da paisaxe, abarcando a planificación da paisaxe, a análise e o deseño da paisaxe en xeral, así como o que se refire a proxectos específicos de infraestruturas, de paisaxes urbanas e culturais. Da mesma forma, abordarase a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto público como privado, no medio urbano, rural e forestal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *