Address

Escola Politécnica Superior: Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Doutoramento

Descrición

A sede deste programa é a Escola Politécnica Superior na USC e o Instituto Universitario de Xeoloxía na UDC. Ademais tamén se imparte nas Facultades de Bioloxía e Veterinaria da USC e na Facultade de Ciencias da UDC. Este é un programa marcado pola multidisciplinaridade en canto ás titulacións do profesorado e do alumnado xa que nel participan investigadores de catro departamentos distintos da Universidade de Santiago de Compostela (Produción Vexetal, Edafoloxía e Química Agrícola, Fisioloxía Vexetal e Botánica), catro centros de investigación (Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e Misión Biolóxica de Galicia) e institucións internacionais (Alemania, Suiza, Estados Unidos, Portugal e Grecia), Universidade de Extremadura e dous centros da Universidade da Coruña (Instituto de Xeoloxía e Facultade de Ciencias) o que ofrece ao alumno un amplo abano para a elección da temática relacionada coa produción agraria e forestal de Galicia e da rexión bioxeográfica Atlántica de Europa. Entendemos que o elevado número de alumnos e teses doutorais, así como o grao de internacionalización do programa constitúe unha base sólida que garante o éxito do mesmo que xa obtivo a súa mención de calidade na súa adaptación ao RD 1993/2007. O interese do Programa de Doutoramento é manifesto, non só polo ámbito no que se enmarca: a investigación agraria, forestal e agroforestal, de gran importancia socio-económica, senón tamén pola necesidade de expertos con formación superior específica nestes ámbitos que inclúa unha perspectiva produtiva e medio ambiental, tal e como ofrece este Programa, que ademais de formar a estudantes de ámbito nacional ten entre as súas prioridades a formación de doutores de nacionalidade estranxeira que contribúan á mellor visibilidade do ensino español a este nivel. A implementación deste obxectivo alcanzarase a través dos diferentes programas de financiamento existentes no ámbito europeo e internacional, cuxas relacións contractuais xa existentes se fomentarán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *