Address

Facultade de Humanidades: Complexo Docente do Campus de Lugo 27002 Lugo. Teléfono: 982 824 700 Fax: 982 285 875

Categories

Doutoramento

Descrición

Con este programa preténdese abordar de xeito interdisciplinar, por unha banda a investigación de carácter básico sobre teoría cultural, e por outra as investigacións socioculturais aplicadas á globalidade contemporánea, entre os que destacan as relacións entre memorias, paisaxes, migracións, identidades, dereitos humanos, creacións e movementos culturais, sendo abordados estes temas desde perspectivas interdisciplinarias que reúnen a investigadores dos campos: Antropoloxía Social e Cultural, Ciencia Política, Estudos literarios, Filosofía, Xeografía Humana, Historia, Historia da Arte, Lingüística e Socioloxía. Está concibido así mesmo como programa que contribuirá ao desenvolvemento científico do tecido empresarial de Galicia e de Bretaña no dominio do deseño cultural aplicado á organización de empresas e institucións culturais, onde poderá ter ampla demanda. O programa permitirá formar doutores con coñecementos básicos e aplicados en distintas áreas de coñecemento, que ao mesmo tempo sexan capaces de integrar coñecementos e métodos de áreas complementarias, co obxecto de facer posible a adecuada especialización ben orientada e o progreso no coñecemento, que require unha formación interdisciplinar en Humanidades e Ciencias Sociais. O programa ten por obxecto ofrecer ao alumnado a posibilidade de obter a súa titulación conxunta de doutor polas dúas universidades, mediante a presentación da tese nunha delas.

Liñas de investigación

  • Diversidade cultural e identidade
  • Memoria, territorio e patrimonio
  • Linguaxe, creacións e culturas
  • Panorama interdisciplinar das culturas contemporáneas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *