Address

Escola Politécnica Superior: Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Doutoramento

Descrición

Este programa de doutoramento pretende dotar á sociedade de profesionais especialistas do medio rural e da enxeñaría civil cunha adecuada capacidade de diagnose dos problemas existentes e cuns coñecementos para resolvelos desde a investigación aplicada propia do campo da Enxeñaría, facendo especial fincapé na investigación, desenvolvemento e transferencia de resultados. Con esta titulación dáse unha resposta a unha demanda crecente de profesionais e investigadores aplicados, xa que se pretende proporcionar aos estudantes unha formación científica e tecnolóxica avanzada e de calidade, contribuíndo así ao desenvolvemento rural e civil. O programa de doutoramento “Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil” ten como antecedente o Programa de Doutoramento do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, que obtivo a Mención cara á Excelencia para o período 2011-2014. No Programa están enmarcadas 14 liñas de investigación e 46 doutores apoiados polos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Agroforestal. En concreto podemos mencionar as seguintes: Xestión forestal. Proxectos e planificación. Construción rural sostible. Xestión da auga. Aforro e eficiencia enerxética. Fotogrametría e teledetección. Enxeñaría civil e marítima. Deseño de produtos agrarios e alimentarios. Simulación Numérica en estruturas. Xestión de frondosas autóctonas para tonelería. Mecanización agraria. Enxeñaría da produción do leite. O Programa conta con convenios e colaboracións con entidades de investigación, o que asegura, tanto para doutores como doutorandos, unha potencial mobilidade en España e no estranxeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *