Address

Escola Politécnica Superior: Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Grao

Descrición

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Forestal nas súas especialidades de Explotacións Forestais e Industrias Forestais, con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Este Grao ten o recoñecemento a nivel europeo ao estar adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). A extraordinaria riqueza e potencialidade produtiva do monte a escala nacional, e en particular na comunidade autónoma de Galicia, e a súa importancia para a economía e o desenvolvemento rural da rexión, demandan técnicos desta especialidade, coa misión de defender e aproveitar de forma sostible (atendendo a criterios ambientais, sociais e económicos) os moi diferentes produtos e servizos que son capaces de xerar os montes, así como de optimizar a súa transformación. Saídas laborais: traballo en empresas de aproveitamentos forestais e en industrias forestais; traballo en empresas de consultoría de enxeñaría e do medio natural; xestión técnica do medio natural; dirección de explotacións forestais; acceso a prazas de grupo A das administracións públicas; exercicio libre da profesión; docencia e investigación en centros públicos ou privados.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos, 66 de formación básica, 138 de materias obrigatorias e 36 optativos. Para obter o título é preciso completar os 240 créditos cubrindo as competencias de polo menos unha das dúas especialidades da titulación e acreditar o nivel B1 dunha lingua estranxeira (máis información).

Saídas profesionais

Este título capacita para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidades en Explotacións ForestaIs e en Industrias ForestaIs, ao cumprirse o estipulado na Orde CIN/324/2009, do 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal, con respecto ás competencias que deben adquirirse, relacionadas coas tecnoloxías específicas destas especialidades

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *