Address

Escola Politécnica Superior: Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Grao

Descrición

O título de Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía concerne e refírese aos saberes, ciencias e destrezas da métrica en calquera ámbito da enxeñaría e a arquitectura, representación e modelización 2D y 3D, desenvolvementos cartográficos sobre plataformas intelixentes e análise e xestión urbanística e catastral do territorio e as súas aplicacións tratadas en calquera soporte físico, temático, escala, dimensión e ámbito, dende a máis global á máis reducida. Entende a teoría e praxis permanentemente actualizada de cantas disciplinas e tecnoloxías sexan de interese para a mellor e mais rigorosa consecución dos fins descritos e o desenvolvemento, investigación e innovación dos métodos e instrumentos que deban en cada ocasión utilizarse. Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico en Topografía, estando recoñecido a nivel europeo ao estar esta titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos que están formados por 60 créditos de formación básica, 153 de materias obrigatorias e 27 créditos optativos. Para obter o título é preciso completar os 240 créditos e acreditar o nivel B1 dunha lingua estranxeira.

Saídas profesionais

Esta titulación capacita para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico en Topografía, ao cumprirse o estipulado na Orde CIN/353/2009, do 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico en Topografía. Os ámbitos para o exercicio profesional desta titulación son preferentemente:
  • Enxeñaría Civil
  • Topografía
  • GPS
  • Gabinete de Proxectos
  • Control de Calidade
  • Cartografía Territorial
  • Consultoría de Urbanismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *