Address

Facultade de Ciencias: Avda. Alfonso X O Sabio, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 824 009 Fax: 982 285 872

Categories

Grao

Descrición

Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial. A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de persoas capaces de daren resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito da transformación de materias primas, produtos naturais e da actividade industrial no sentido máis amplo, na que se inclúen a industria química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, téxtil, ambiental e outras afíns.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos que están formados por 60 créditos de formación básica, 156 de materias obrigatorias e 24 créditos optativos. Para obter o título é preciso completar os créditos e acreditar o nivel B1 dunha lingua estranxeira

Saídas profesionais

Esta titulación capacita para exercer as profesións reguladas nas seguintes normativas:
  • Lei 12/1986, do 1 de abril, sobre regulación das atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos (BOE nº 79/02-04-1986). Modificada pola Lei 33/1992, do 9 de decembro. (BOE nº 296/10-12-1992).
  • Resolución 1477 do 15 de Xaneiro de 2009 da Secretaría de Estado de Universidades pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, polo que se estabelecen as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio das distintas profesións reguladas de Enxeñeiro Técnico (BOE nº 25/29-01-2009).
  • Orde CIN/351/2009, do 9 de Febreiro (BOE nº 44/20-02-2009), pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *