Address

Escola Politécnica Superior Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Grao

Descrición

Este programa de simultaneidade permite obter en 5,5 cursos académicos dúas titulacións de grao: o Grao en Enxeñaría Civil e o Grao Enxeñaría Xeomática e Topografía, que habilitan respectivamente para exercer as profesións reguladas de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e Enxeñeiro Técnico en Topografía, adquirindo todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Estas titulacións teñen recoñecemento a nivel europeo ao estar adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ámbolos dous graos pertencen a mesma rama de coñecemento, “Enxeñaría e Arquitectura”, e comparten contidos formativos o que facilita a viabilidade dun itinerario común para a obtención das competencias correspondentes as dúas titulacións. O programa de simultaneidade permite adquirir as competencias dunha das tres mencións ou especialidades contempladas no Grao en Enxeñaría Civil: Transportes e Servizos Urbanos, Construcións Civís e Hidroloxía en función do itinerario formativo escollido polo alumno.

Plan de estudos

O programa de simultaneidade baséase na existencia dun itinerario formativo que permite adquirir as competencias de ambas titulacións en 5,5 cursos académicos cursando un total de 370,5 créditos ECTS. As materias incluídas nos cursos do itinerario formativo son comúns nos primeiros cursos e varían nos últimos cursos en función da mención do Grao en Enxeñaría Civil seleccionada. Para obter os títulos correspondentes é preciso acreditar o nivel B1 dunha lingua estranxeira.

Saídas profesionais

Este dobre grao habilita para exercer as profesións reguladas de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e Enxeñeiro Técnico en Topografía, con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Estas titulacións teñen recoñecemento a nivel europeo ao estaren adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ademais, a titulación de Enxeñaría Xeomática e Topografía é única dentro do SUG e prepara, non unicamente para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico en Topografía, profesionais no ámbito da topografía e da cartografía, senón tamén, profesionais para o desenvolvemento e aplicación das novas tecnoloxías no ámbito da medición, ordenación e planificación do territorio. Estas competencias son amplamente demandadas no sector da obra civil e da edificación de xeito que os enxeñeiros civís deben demostrar habilidades no ámbito da planificación territorial no contexto do deseño e realización de infraestruturas, xestión de recursos hídricos e enerxéticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *