Address

Escola Politécnica Superior,Lugo. Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001

Categories

Grao

Descrición

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Agrícola nas súas especialidades de Explotacións Agropecuarias, Hortofruticultura e Xardinería, Industrias Agrarias e Alimentarias, e Mecanización e Construcións Rurais, con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Os titulados no Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria teñen o recoñecemento a nivel europeo ao estar esta titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Os estudos de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, ademais de dotar de unha adecuada formación xeral aos titulados, inclúen itinerarios que especializan nas actividades de produción agropecuaria, de agroindustria e do medio rural e de xardinaría, cun especial enfoque na realidade da Comunidade Autónoma de Galicia. Entre as súas saídas laborais pódense citar: traballo en explotacións agrarias e industrias agroalimentarias; traballo en consultoras de enxeñaría realizando proxectos, asistencias técnicas, xestión e control da calidade e seguridade agroalimentaria…; traballo en xestión técnica de centrais hortofrutícolas e cooperativas agrarias; dirección de explotacións agrícolas e gandeiras; acceso a prazas de grupo A das administracións públicas; exercicio libre da profesión; investigación en centros públicos ou privados.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos que están formados por 66 créditos de formación básica, 78 de materias obrigatorias e 96 créditos optativos. Para obter o título é preciso completar os 240 créditos cubrindo as competencias de polo menos unha das catro especialidades da titulación e acreditar o nivel B1 dunha lingua estranxeira.

Saídas profesionais

Profesión Regulada: Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidades en Explotacións Agropecuarias, en Hortofruticultura e Xardinaría, en Industrias Agrarias e Alimentarias e en Mecanización e Construcións Rurais, ao cumprirse o estipulado na Orde CIN/323/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola. Dentro da inserción laboral, as actividades fundamentais son as englobadas dentro do subepígrafe enxeñaría (consultorías, construción e instalacións, medio ambiente e seguridade e saúde), seguida da administración pública e as empresas de suministros e servizos, salvo no caso da titulación de industrias agroalimentarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *