Address
Escola Politécnica Superior: Rúa Benigno Ledo, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 823 008 Fax: 982 823 001
Categories
GraoDescrición
Este programa de simultaneidade permite obter en 5 cursos académicos dúas titulacións de grao: o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, que habilitan respectivamente para exercer as profesións reguladas de Enxeñeiro Técnico Agrícola e Enxeñeiro Técnico Forestal, adquirindo todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Estas titulacións teñen recoñecemento a nivel europeo ao estar adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior.
Ámbolos dous graos pertencen a mesma rama de coñecemento, “Enxeñaría e Arquitectura”, e comparten contidos formativos o que facilita a viabilidade dun itinerario común para a obtención das competencias correspondentes as dúas titulacións.
Partindo da mención en Explotacións Forestais do Grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural o programa de simultaneidade permite adquirir as competencias dunha das tres mencións contempladas o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria: Explotacións Agropecuarias; Hortofruticultura e Xardinería, e Mecanización e Construcións Rurais en función do itinerario formativo escollido polo alumno.