Address

Escola Universitaria de Enfermería, Complexo docente do campus de Lugo, 27002. Lugo

Categories

Grao

Descrición

O Grao en Enfermaría busca formar profesionais capaces de prestaren unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada, consonte ao estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos en cada momento, que poidan comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, comunidade, dentro do seu contexto social, con entendemento dos principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría. Así mesmo, búscase que fomenten estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas, protexendo a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade, e establecendo unha comunicación eficaz.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos, conformados por 60 créditos de formación básica, 171 créditos obrigatorios e 9 créditos optativos.

Saídas profesionais

O Ministerio de Ciencia e Innovación estabelece os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enfermeiro/a mediante a Orde CIN/2134/2008, do 3 de xullo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *