Address

Facultade de Humanidades, Lugo

Categories

Grao

Descrición

O Grao en Ciencias de Cultura e Difusión Cultural conecta ámbitos formativos e profesionais tradicionalmente distantes, pero que, cada vez máis, se necesitan entre si. Entre os obxectivos deste título está formar humanistas que saiban transmitir os seus coñecementos (un xestor dun museo, un técnico dun concello ou unha fundación, un profesor de ensinanzas medias) e que sexan capaces de xerar, valorar e transmitir contidos culturais (o asesor dunha páxina web sobre arte ou filosofía, o editor dunha colección de obras literarias, o creador dun videoxogo sobre a Guerra Civil española). Precisamente, o obxectivo final desta titulación é o de borrar ou esvaer estas distincións que establecemos, para crear un novo profesional que posuirá á vez coñecementos xerais garantes dunha capacitación interdisciplinar e saberes especializados. A formación conxunta en saberes humanísticos e en estratexias para a xestión e a difusión dos contidos culturais a través dos novos sistemas de comunicación audiovisual (redes sociais, páxinas web, etc.) é un dos principais atractivos do título.

Saídas profesionais

O obxectivo do Máster é primeramente reforzar a formación no campo da produción e difusión cultural dos futuros humanistas, permitíndolles unha mellor inserción no campo laboral da xestión e difusión cultural en institucións públicas e privadas, sector editorial e de deseño e produción de eventos culturais, canles de distribución (editoriais, redes sociais, cine, teatro, ficción audiovisual, multimedia), museos, etc.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos que están formados por 60 créditos de formación básica, 144 de materias obrigatorias e 36 créditos optativos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *