Address

Facultade de Bioloxía e Escola Politécnica Superior, Santiago de Compostela e Lugo

Categories

Doutoramento

Descrición

O obxectivo principal deste programa de doutoramento é a formación de investigadores/as cunha sólida base científica en aspectos relacionados coa agricultura, o medio ambiente, a biodiversidade, os usos do chan e os recursos naturais, os riscos ambientais etc, no contexto iberoamericano. A preparación cualificada en métodos e técnicas de inventario, análise e xestión, aportarán solucións aos retos do manexo e a produción sustentable dos territorios con vocación agrícola, forestal e de conservación, ao mesmo tempo que contribuirán á prevención de desastres naturais. O contexto da formación do programa é de ámbito internacional, potenciando as colaboracións entre Europa e América Latina, contribuíndo á construción do Espazo Educación Iberoamericano. O programa tamén potenciará a formación en xestión da investigación, con especial énfase en proxectos de investigación aplicada e cooperación ao desenvolvemento. Descrición: O Programa de Doutoramento internacional en “Agricultura e Medioambiente” proporciona aos/as estudantes as ferramentas metodolóxicas avanzadas para a investigación tanto básica como aplicada. Como resultado dun convenio entre as universidades participantes, estes estudos conducen á obtención do título oficial de Doutor Conxunto expedido pola USC e a USAC, e que, polo tanto ten validez plena na UE e en Centroamérica. O título constitúe o título de maior relevo académico dentro do noso sistema educativo. Trátase dun programa interuniversitario, compartido por especialistas de diferentes disciplinas, que contan con ampla e recoñecida actividade investigadora. A participación de directores de diferentes países proporciona unha formación global.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *