Address

Facultade de Administración e Dirección de Empresas: Avda. Alfonso X O Sabio, s/n. 27002 Lugo. Teléfono: 982 824 403 Fax: 982 285 961

Categories

Grao

Descrición

A titulación de Administración e Dirección de Empresas estuda a maneira en que as empresas obteñen e empregan os recursos que teñen á súa disposición, para o logro de determinados fins e obxectivos. Atende, polo tanto, á maneira en que se xestionan os recursos, procesos e resultados das súas actividades. O Grao en Administración e Dirección de Empresas ten por obxectivo a formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar labores de xestión e asesoramento en organizacións públicas e privadas. Estes labores pódense desenvolver no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade. Tendo en conta a particularidade das distintas áreas funcionais das organizacións, o graduado/a debe adquirir os coñecementos necesarios para xestionar de modo global unha organización. En particular, debe saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións, alcanzar obxectivos propostos e avaliar resultados.

Plan de estudos

A titulación está distribuída en catro cursos, cun total de 240 créditos que están formados por 60 créditos de formación básica, 144 de materias obrigatorias e 36 créditos optativos. Para obter o título é preciso completar os créditos e acreditar o nivel B1 dunha lingua estranxeira (máis información).

Saídas profesionais

O/A graduado/da en Administración e Dirección de Empresas estuda o xeito en que as empresas obteñen e empregan os recursos que teñen á súa disposición, xestionando eses recursos, procesos e resultados para lograr os fins e obxectivos marcados. O perfil de alumnado egresado asociado a esta titulación esixe, ao mesmo tempo que máis diversidade de coñecementos, unha especialización intensa e atenta ás demandas circunstanciais e cambiantes. Por iso, o perfil debe axustarse ás distintas formulacións da demanda, tales como o desempeño de labores de xestión, asesoramento e avaliación no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais. A empregabilidade dos graduados e graduadas de ADE é unha das máis altas do mercado laboral. De xeito reiterado, os datos das enquisas confirman que as funcións relacionadas coa administración de empresas se sitúan entre o grupo de postos que aglutinan un maior número de ofertas por parte do colectivo empresarial, converténdose ADE nunha das carreiras universitarias máis polivalentes e con mellores saídas profesionais polo seu grao de capilaridade en distintos perfís profesionais e segundo as necesidades do mercado laboral. Ademais, as habilidades ou destrezas que se pretende que o alumnado adquira nesta carreira, tales como a capacidade para traballar en equipo, a capacidade de razoamento crítico e iniciativa, a capacidade para asumir responsabilidades ou a capacidade de argumentación e comunicación, sitúanse dentro das dez competencias consideradas máis importantes polas empresas á hora de seleccionar aos recén titulados para formar parte dos seus cadros de persoal.
Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *