Faltan horas para que tomes unha decisión que vai cambiar o rumbo da túa vida!!! Nervios@? Non te preocupes porque no Campus Terra gústanos inspirarte. Hoxe presentámosche 3 motivos para que estudes o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural 😉

É o mellor grao de España

Conste que non o dicimos nós, asegúrao o U-Ranking sobre a universidade en España que cada ano organiza a Fundación BBVA e o Ivie (Instituto Valenciano de Investigacións Económicas). Para estas institucións, o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural do Campus Terra da USC é o mellor de España no seu ámbito.

É un grao único

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Forestal con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente.

Poderás especializarte

Este grao posúe dúas especialidades: explotacións forestais e industrias forestais. A primeira forma expertos no uso sustentable do monte; mentres que a segunda, forma expertos na transformación de produtos obtidos no monte cunha perspectiva baseada na bioeconomía. Ademais, lembra que grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo só pagarás o 50% da túa primeira matrícula. Para ter acceso a esta bolsa, debes solicitar a túa admisión neste enlace. Agardamos por ti! O teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
21728987_1448665985170555_9021360372796449643_o
Aínda estás a tempo de unirte ao Campus Terra

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *