Quédache menos dunha semana para decidir o teu futuro e solicitar praza na carreira dos teus soños. Se che gusta a literatura e gozas lendo e/ou escribindo, no Campus Terra temos a opción perfecta para ti: 3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas 😉

1. Múltiples saídas laborais

Os estudos de Lingua e Literatura Españolas presentan unha ampla e variada gama de perfís profesionais para os seus graduados, incluso considerando unicamente aquelas saídas profesionais que teñen unha alta correspondencia cos contidos da titulación. Xunto á saída laboral máis tradicional de profesor de lingua e literatura españolas no ensino secundario ou universitario, a enorme fortaleza do español como lingua de comunicación internacional abre novas vías de inserción laboral. A ensinanza do español como lingua estranxeira (ELE), tanto a poboación inmigrante como noutros países, constitúe un dos ámbitos con máis demanda laboral.

2. Traballa creando

As actividades de creación, corrección e edición de textos en distintas institucións públicas e privadas conforman outro claro perfil profesional para os graduados.

3. Traballa educando

Exerce como profesor e transmite os teus coñecementos. Ademais lembra que grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, no Campus Terra só pagas o 50% da túa primeira matrícula. Solicita a túa praza xa! O teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
21728987_1448665985170555_9021360372796449643_o
Aínda estás a tempo de unirte ao Campus Terra

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *