No Campus Terra preocupámonos polo teu futuro. Por iso, hoxe presentámosche 3 motivos polos que estudar o grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria 😉

1. Múltiples saídas laborais

Entre as súas saídas laborais pódense citar: traballo en explotacións agrarias e industrias agroalimentarias; traballo en consultoras de enxeñaría realizando proxectos, asistencias técnicas, xestión e control da calidade e seguridade agroalimentaria; traballo en xestión técnica de centrais hortofrutícolas e cooperativas agrarias; dirección de explotacións agrícolas e gandeiras; acceso a prazas de grupo A das administracións públicas; exercicio libre da profesión; investigación en centros públicos ou privados. Entre miles de posibilidades!

2. É habilitante

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Agrícola nas súas especialidades de Explotacións Agropecuarias, Hortofruticultura e Xardinería, Industrias Agrarias e Alimentarias, e Mecanización e Construcións Rurais, con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Os titulados no Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria teñen o recoñecemento a nivel europeo ao estar esta titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

3. Poderás especializarte

Os estudos de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, ademais de dotar de unha adecuada formación xeral aos titulados, inclúen itinerarios que especializan nas actividades de  produción agropecuaria, de agroindustria e do medio rural e de xardinaría, cun especial enfoque na realidade  da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, lembra que grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo só pagas o 50% da túa primeira matrícula. Solicita a túa praza xa! O teu futuro pasa por Lugo!
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
investigacion
A USC, entre as universidades máis innovadoras de Europa

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *