Estás pensativ@? Debes tomar unha decisión que cambiará o rumbo da túa vida? Gustaríache elixir unha carreira que te namore pero que ao mesmo tempo che garanta un bo horizonte profesional? Pois non te preocupes porque no Campus Terra da USC temos a solución a todos os teus males!!! Hoxe presentámosche 3 motivos de peso para que estudes o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural 😉  

É o mellor grao de España

Conste que non o dicimos nós, asegúrao o U-Ranking sobre a universidade en España que cada ano organiza a Fundación BBVA e o Ivie (Instituto Valenciano de Investigacións Económicas). Para estas institucións, o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural do Campus Terra da USC é o mellor de España na área de Humanidades.

Podes estudalo dende a casa

O Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural pode cursarse de forma presencial ou a través da modalidade semipresencial. A través desta última, non estas obligad@ a acudir ás aulas xa que todo o material formativo atópase dispoñible de forma online a través da plataforma virtual Moodle. En todo caso, as clases físicas seguen existindo, sempre estarán á túa disposición e podes acudir a elas sempre que che apeteza.  

Poderás traballar como xestor/a cultural

Esta titulación é a única que forma xestores/as culturais, a verdadeira profesión do futuro!!! Grazas a ela poderás traballar en museos, editoriais, centros educativos, concellos, fundacións… Entre un milleiro de posibilidades!!! E a todo isto debes sumarlle que grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, só pagas o 50% da túa primeira matrícula. Solicita a túa praza entre o 25 e o 29 de setembro!!!   Non o esquezas… O teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
21728987_1448665985170555_9021360372796449643_o
Aínda estás a tempo de unirte ao Campus Terra

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *