21728987_1448665985170555_9021360372796449643_o
Centos de universitarios chegados este curso ao Campus Terra da USC participaron este xoves na xornada de acollida a través da cal os servizos da USC presentaron ao novo alumnado a súa actividade e oferta formativa. Con todo, tamén houbo tempo para a festa grazas a un diverso programa de actividades culturais, entre as que non faltaron a animación musical, a zumba ou os petiscos de benvida.
       
      Se ti tamén queres pertencer á gran familia do Campus Terra, lembra que aínda estás a tempo. O 19 de setembro publicarase a sexta listaxe de alumnado admitido e os días 20, 21 e 22 do mesmo mes debes formalizar a túa matrícula premendo neste enlace. Se acabas de presentarte ás probas de selectividade do mes de setembro, lembra que debes preinscribirte nas titulacións do Campus Terra entre o 25 e o 29 do mesmo mes. O 6 de outubro publicarase a sétima listaxe de admitid@s e a matrícula realizarase os días 9, 10 e 11. Ademais, no Campus Terra, grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, só pagas o 50% da túa matrícula en 10 titulacións de grao. Agardamos por ti no Campus Terra!!! O teu futuro pasa por Lugo!!!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *