Para Estudar Lugo
Este martes 18 de xullo publicarase a segunda listaxe de alumnado admitido no Campus Terra da USC, o cal deberá formalizar a súa matrícula os días 19, 20 e 21 de xullo (ata as 14:00 horas) premendo neste enlace. Será no propio formulario de matrícula onde se indicará o desexo de acollerse ao desconto do 50% que oferta a Deputación Provincial de Lugo.   O 26 de xullo publicarase outra listaxe, abríndose o prazo de matrícula entre o 27 e o 31 do mesmo mes (ata as 14:00 horas). En setembro abriranse novos prazos que podes consultar neste enlace. Lembra que o teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *