Cada vez falta menos para que decidas o teu futuro! Debes solicitar praza xa na carreira dos teus soños e dende o Campus Terra queremos serche de axuda: 3 motivos para estudar o grao en Xestión de PEMES 😉

Serás líder

Este Grao está enfocado á formación de emprendedores e xestores de PEMES que sexan capaces de liderar novos proxectos empresariais ou ben de participar na xestión doutros xa existentes.

Poderás especializarte

O título oferta dous itinerarios diferentes: Xestión Internacional da Empresa, e  Contabilidade e Fiscalidade. O primeiro capacita aos alumnos para desempeñar postos de xestor de área ou de proxectos dentro de empresas con negocios internacionais; o segundo os faculta para levar a cabo a planificación contable relacionada co ámbito fiscal, necesidade amplamente demandada pola pequena e media empresa actual.

Poderás emprender

Formamos emprendedores/as altamente cualificados. O importante papel desempeñado polas pequenas e medianas empresas no tecido empresarial esixe, cada vez máis, a presenza de profesionais altamente cualificados, dotados de competencias e habilidades específicas, diferentes das requiridas en empresas de maior tamaño. Ademais, lembra que grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, no Campus Terra só pagas o 50% da túa primeira matrícula. Solicita a túa praza xa! O teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *