O luns 3 de xullo remata o prazo para solicitar praza na carreira á que vas dedicar o teu futuro. Se aínda non te decidiches, toma boa nota. 3 motivos para estudar Enxeñaría Civil no Campus Terra 😉

É habilitante

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente.

Poderás especializarte

Permite adquirir as competencias de calquera das tres especialidades da profesión: Construcións Civís, Hidroloxía ou Transportes e Servizos Urbanos. Os titulados no Grao en Enxeñaría Civil teñen o recoñecemento a nivel europeo ao estar esta titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Múltiples saídas laborais

As súas principais saídas laborais son: traballo en consultoras de enxeñaría e arquitectura; traballo en empresas de materiais de construción e control de calidade, de produción de enerxía, de construción, de conservación e explotación de infraestruturas, xestión de servizos; acceso a prazas de grupo A das administracións públicas; exercicio libre da profesión; investigación en centros públicos ou privados. Ademais, no Campus Terra, grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, só pagas o 50% da túa matrícula. Solicita a túa praza xa! O teu futuro pasa por Lugo!
0

Tamén che pode interesar...

shutterstock_148795052
Matricúlate no Campus Terra da USC
Para Estudar Lugo
O Campus Terra abre o 19 de xullo o seu segundo prazo de matrícula
shutterstock_107330516
O Campus Terra abre o 12 de xullo o seu primeiro prazo de matrícula para grao

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *