Cada vez falta menos para que tomes unha decisión e escollas cal vai ser o teu futuro. Por iso, no Campus Terra queremos presentarche unha titulación de calidade comprobada: o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais 😉

1. É o mellor de España.

Segundo o U-Ranking 2017 elaborado pola Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas, o grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriales do Campus Terra da USC é o mellor de España no seu ámbito.

2. Múltiples saídas laborais.

A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de persoas capaces de daren resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito da transformación de materias primas, produtos naturais e da actividade industrial no sentido máis amplo, na que se inclúen a industria química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, téxtil, ambiental e outras afíns.

3. É habilitante.

Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial. E a todo isto debes sumarlle que grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, no Campus Terra só pagas o 50% da túa primeira matrícula. Solicita xa a túa praza! O teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

shutterstock_148795052
Matricúlate en el Campus Terra
Para Estudar Lugo
El Campus Terra abre el 19 de julio su segundo plazo de matrícula
shutterstock_107330516
El Campus Terra abre el 12 de julio su primer plazo de matrícula para grado

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *