Chegou a hora de apostar polo teu futuro e dende o Campus Terra non podemos facer outra cousa que axudarche: hoxe presentámosche 3 motivos para estudar o Grao en Dirección e Administración de Empresas 😉

1 Recibirás a mellor formación

O que che permitirá xestionar unha organización de modo global. A titulación de Administración e Dirección de Empresas estuda a maneira en que as empresas obteñen e empregan os recursos que teñen á súa disposición, para o logro de determinados fins e obxectivos. Atende, polo tanto, á maneira en que se xestionan os recursos, procesos e resultados das súas actividades.

2. Múltiples saídas laborais

O Grao en Administración e Dirección de Empresas ten por obxectivo a formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar labores de xestión e asesoramento en organizacións públicas e privadas. Estes labores pódense desenvolver no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.

3. Serás líder

En ADE aprenderás a anticipar oportunidades, asignar recursos, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións ou acadar obxectivos.
    Ademais, no Campus Terra grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, só pagas o 50% da túa primeira matrícula. Solicita a túa praza xa! O teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

shutterstock_148795052
Matricúlate no Campus Terra da USC
Para Estudar Lugo
O Campus Terra abre o 19 de xullo o seu segundo prazo de matrícula
shutterstock_107330516
O Campus Terra abre o 12 de xullo o seu primeiro prazo de matrícula para grao

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *