estudante
Unha das decisións máis difíciles que se poden tomar é a elección correcta da profesión e o lugar onde cursala. Como pais e nais o mellor que se debe facer é asesorar os fillos sendo comprensivos e apoiándoos nesta etapa. Por iso, hoxe dámosche 5 razóns polas que cremos que o Campus Terra é a mellor opción para a educación dos teus fillos.

Porque somos unha universidade de calidade

Non é que sexamos fachendosos ou non teñamos avoa. Non o dicimos nós, senón que os diferentes rankings así o testemuñan. Queres probas? Aquí tes tres exemplos recentes:

Catro dos 15 títulos de grao impartidos no Campus Terra da USC son os mellores de España segundo o U-Ranking 2017.

A USC forma parte por segundo ano consecutivo da lista das cen universidades máis innovadoras de Europa, segundo a análise realizada pola prestixiosa axencia de noticias Reuters.

A USC mantense un ano máis entre as mellores universidades do mundo segundo a última edición do QS World University Ranking, concretamente no intervalo 601-650. Atoparás universidades diferentes, si, pero será difícil que atopes unha universidade mellor para o teu fillo.

Porque a nosa é unha educación personalizada

No Campus Terra entendemos que outra educación universitaria é posible. Non nos referimos só ao feito de adaptarmos as nosas titulacións ás novas realidades e novas dinámicas ofertando formación semipresencial ou dobres graos, que tamén, senón ao feito de que entendemos a educación con outros tempos e outras dinámicas. O noso é un campus onde interactuarmos, onde nos coñecemos polo noso nome, de ti a ti. Temos aulas reducidas con grupos pequenos nos que a educación é máis personalizada e aprender é un proceso máis natural.

Porque en Lugo atoparán un campus con personalidade propia

O Campus Terra é o campus da USC especializado na sustentabilidade social, económica e medioambiental do uso da terra.

Porque Lugo é unha das cidades máis cómodas e baratas para vivir

En Lugo atoparás todos os servizos das capitais de provincia e das grandes cidades sen o estrés e as masificacións destas. Temos unha magnífica calidade de vida onde o máis importante son as persoas. Pero se andas preocupado polo peto, agora ben o mellor: Lugo é a capital de provincia de España cos alugueres máis baixos e tamén unha das cidades onde cousas como facer a compra ou o transporte en bus son máis baratos.

Porque temos un desconto do 50%

Por último, e non menos importante, seguro que xa sabes que no Campus Terra premiamos o talento dos teus fillos cun desconto do 50% por matricularse por vez primeira en 10 graos. Solicita praza xa! O teu futuro pasa por Lugo!  
0

Tamén che pode interesar...

shutterstock_148795052
Matricúlate no Campus Terra da USC
Para Estudar Lugo
O Campus Terra abre o 19 de xullo o seu segundo prazo de matrícula
shutterstock_107330516
O Campus Terra abre o 12 de xullo o seu primeiro prazo de matrícula para grao

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *