Debes decidir o teu futuro e aínda non sabes por que camiño optar? Presentámosche 3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía no Campus Terra da USC 😉

1 É transversal

A enxeñaría en Xeomática e Topografía é unha enxeñaría transversal a calquera outra enxeñaría, dando soporte a moitas outras ciencias, o que implica que a súa aplicación ten un rango de posibilidades moi amplo. Entre outras destacan a súa aplicación á enxeñaría civil (en grandes obras de construción), industrial (naves, polígonos, centrais,…), naval (estaleiros e plataformas), agroforestal e agricultura de precisión (inventario, estudos multitemporais), arqueoloxía e arquitectura (edificación e patrimonio), catastro (deslinde, rexistro e administración da propiedade inmobiliaria e a súa valoración), xestión do territorio (urbanismo, morfoloxía, planeamento e ordenación territorial,) xeofísica (xeorradar), Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), xeomárketing, etc.

2. Máis saídas laborais

A integración deste perfil profesional ten cabida en consultoras e gabinetes técnicos realizando proxectos, asistencias técnicas, peritacións, certificacións,… así como o acceso a prazas de grupo A das administracións públicas; exercicio libre da profesión; e investigación en centros públicos ou privados.

3. É habilitante

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico en Topografía, atopándose recoñecido a nivel europeo ao estar esta titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Ademais, lembra que no Campus Terra, grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, só pagas o 50% da túa primeira matrícula. Para acceder a esta bolsa, debes preinscribirte e logo pedir a bolsa no propio formulario de matrícula. Non o esquezas! O teu futuro pasa por Lugo!
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
investigacion
A USC, entre as universidades máis innovadoras de Europa

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *