Imagen1
A USC mantense un ano máis entre as mellores universidades do mundo segundo a última edición do QS World University Ranking, concretamente no intervalo 601-650. O aspecto máis valorado para a elaboración desta clasificación, co 40% da valoración final de cada universidade, é unha enquisa entre máis de 70.000 persoas no ámbito da educación superior en materia de calidade do ensino e da investigación nas universidades do mundo. Outros elementos de análise, por importancia na cualificación final, son os relativos á ratio entre profesorado e alumnado (20%), citacións por persoal docente e investigador (20%), reputación entre os empregadores (10%) e a presenza de profesorado internacional (5%) e de alumnado internacional (5%). Publicado con carácter anual, o ranking incrementou este ano o número total de universidades referidas ata alcanzar as 959 institucións (43 máis que na anterior edición) de 84 países.
      Ademais, a USC posúe diversos campus especializados, entre os que se atopa o Campus Terra, centrado na sustentabilidade social, económica e medioambiental do uso da terra. Dende a sede universitaria luguesa e por cuarto ano consecutivo, USC e Deputación Provincial de Lugo apostan por premiar o talento e financian cun desconto do 50% a primeira matrícula en 10 titulacións de grao. Son as seguintes:
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas Lembra que se queres acceder á bolsa debes solicitar a túa admisión ata o 3 de xullo e logo formalizar a matrícula a partir do 12 de xullo.
    A que agardas? Aposta pola innovación! O teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *