Atopar unha carreira que che guste e que ao mesmo tempo che garanta un bo horizonte profesional non é tarefa sinxela. Por iso, dende o Campus Terra hoxe presentámosche unha alternativa que che pode ser de gran utilidade! 3 motivos para estudar o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos 😉  

Múltiples saídas laborais

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos permíteche acceder a un diverso abano de saídas laborais, dende consultorías ata departamentos de Recursos Humanos en empresas, ou mesmo che facilita traballar na administración.

Alta taxa de empregabilidade

Esta profesión permíteche traballar tanto no sector público como no privado e a súa taxa de empregabilidade supera o 60%.

É unha profesión imprescindible

Segundo datos ofrecidos polo Consello Xeral de Colexios Profesionais de Graduados Sociais de España, existen na actualidade máis de 25.000 Graduados Sociais Colexiados, cuxa actuación profesional abrangue o asesoramento do 85% da pequena e mediana empresa.   Ademais, lembra que no Campus Terra, grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo, só pagas o 50% da túa primeira matrícula. Para acceder a esta bolsa, debes preinscribirte e logo pedir a bolsa no propio formulario de matrícula.   Non o esquezas! O teu futuro pasa por Lugo!

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *