investigacion
A USC forma parte por segundo ano consecutivo da lista das cen universidades máis innovadoras de Europa, segundo a análise realizada pola prestixiosa axencia de noticias Reuters. Esta listaxe “identifica e clasifica as institucións educativas que máis fan para avanzar na ciencia, inventar novas tecnoloxías e axudar a impulsar a economía global”, segundo explican dende a propia axencia.
    Para compilar o ránking das universidades más innovadoras de Europa, Reuters identificou más de 600 organizacións globais que publicaron a maioría dos seus artigos en revistas académicas, incluíndo institucións educativas, organizacións benéficas sen ánimo de lucro e institucións financiadas polo goberno. Do listado inicial seleccionáronse aquelas institucións que tivesen presentado, como mínimo, 50 patentes  ante a Organización Mundial da Propiedade Intelectual no período 2010-2015. Logo, de cada institución tivéronse en conta un total de dez indicadores, nos que se presta especial atención a documentos académicos e solicitudes de patentes (que apuntan á capacidade dunha institución para aplicar a investigación e comercializar os seus descubrimentos).
Ademais, a USC posúe diversos campus especializados, entre os que se atopa o Campus Terra, centrado na sustentabilidade social, económica e medioambiental do uso da terra. Dende a sede universitaria luguesa e por cuarto ano consecutivo, USC e Deputación Provincial de Lugo apostan por premiar o talento e financian cun desconto do 50% a primeira matrícula en 10 titulacións de grao. Son as seguintes: Grao en Enxeñaría Civil Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria Grao en Lingua e Literatura Españolas Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos Grao en Administración e Dirección de Empresas A que agardas? Aposta pola innovación! O teu futuro pasa por Lugo!
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
para-estudar-lugo
Catro dos 15 títulos de grao impartidos no Campus Terra da USC son os mellores de España segundo o U-Ranking 2017
investigacion
A USC, entre as 500 mellores universidades en produción científica

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *