para-estudar-lugo-campus-terra

Porque temos unha formación única…

Andas buscando algo que te diferencie dos demais? Aquí tes o teu lugar. O Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela ten ata 6 graos únicos en todo o sistema universitario galego de campos tan dispares como a veterinaria ou a cultura.

… e porque tamén temos unha formación dobre

Se es unha persoa que gusta dos retos, tamén temos 3 ofertas para ti. Realizar un dobre grao universitario supón un desafío pero que terá, sen dúbida, grandes beneficios para ti e para o teu currículo. No Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela poderás estudar os seguintes dobres graos:

Porque a nosa formación acada un sobresaliente

Un 9 sobre 10. Esta é a porcentaxe de alumnos que nos recomendan ás súas amizades e coñecidos segundo a última enquisa de satisfacción entre o alumnado. Ademais, A Universidade de Santiago de Compostela é unha das mellores de España como acreditan todos os ránkings que se elaboran ano tras ano.

Porque non hai nada mellor que recibir unha axuda na túa formación

Sabemos que son tempos difíciles e que toda axuda é benvida. Por iso, a Deputación de Lugo quere premiar o teu esforzo e ofrecerche o 50% da túa matrícula automaticamente só por estudares un destes graos no Campus Terra da USC:
0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Lingua e Literatura Españolas
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
3 motivos para estudar o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *