para-estudar-lugo
O Campus Terra da USC é unha das mellores opcións para cursar estudos de grao en España, segundo conclúe o U-Ranking 2017 das universidades españolas elaborado pola Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie), que sitúa catro das 15 titulacións de grao impartidas na sede universitaria luguesa como as mellores de España, ao tempo que inclúe dez destes títulos entre as tres opcións máis recomendadas do país.
    A posición de liderado que ocupa a oferta académica do Campus Terra no conxunto da universidade española no U-Ranking, no que se comparan as titulacións impartidas en 48 universidades públicas españolas e 13 institucións académicas de titularidade privada, contribúe de xeito notable á quinta posición acadada pola USC nunha clasificación que compara 61 universidades públicas e privadas, ordenadas en función do seu rendemento nos ámbitos docente, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico.
Os títulos de grao en Veterinaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Ciencias da Cultura e Difusión Cultural ofertados pola USC no Campus Terra son os mellores de todos cantos se imparten na universidade española, segundo o U-Ranking 2017, un informe elaborado a partir da análise comparativa de datos públicos que proceden da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, do Observatorio IUNE e Thomson Reuters. A calidade dos títulos de grao impartidos no Campus Terra da USC queda ratificada coa boa clasificación acadada por estas dez titulacións no U-Ranking, pero cómpre sinalar tamén que este informe sobre a universidade española sitúa toda a oferta académica da sede universitaria luguesa en posicións destacadas. De feito, os graos en Lingua e Literatura Españolas, Enfermaría, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Administración e Dirección de Empresas e Xestión de Pequenas e Medianas Empresas tamén figuran entre as sete primeiras recomendacións do U-Ranking 2017.

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
investigacion
A USC, entre as universidades máis innovadoras de Europa

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *