O prazo para solicitar a túa admisión na universidade permanece aberto ata o 3 de xullo. Talvez oíches falar do Campus Terra da USC e é posible que aínda non teñas tomada a túa decisión. Nós resolvémosche neste post 3 preguntas sobre o programa de bolsas que USC e Deputación de Lugo impulsan para estudar no Campus Terra da USC e co que só pagarás o 50% da túa primeira matrícula en 10 graos! Lembra que o teu futuro pasa por Lugo!
Cal é o primeiro paso que debo dar para beneficiarme do programa de Bolsas do Campus Terra e a Deputación de Lugo?
O primeiro que tes que facer é solicitar a túa admisión na universidade a través do programa NERTA. O prazo xa está aberto, aínda que se vés de presentarte ás probas ABAU 2017 non poderás formalizar o procedemento ata o 19 de xuño. Lembra que o 16 de xuño saen publicadas as notas dos exames! Boa sorte!Unha vez que estou preinscrit@, cal é o seguinte paso?
O 11 de xullo publícase a primiera lista de admitid@s e os días 12, 13 e 14 (ata as 14:00 horas) podes formalizar a túa matrícula na web da USC. A solicitude de bolsa debe realizarse no propio formulario de matrícula.Que graos están contemplados na oferta?
- Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
- Grao en Enxeñaría Civil
- Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
- Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
- Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
- Grao en Lingua e Literatura Españolas
- Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
- Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
- Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
- Grao en Administración e Dirección de Empresas