investigacion

Hai unhas semanas salientabamos que a Universidade de Santiago de Compostela estaba entre as 500 mellores universidades do mundo segundo o Ránking de Shangái e tamén que somos unha das cen universidades europeas máis innovadoras segundo unha listaxe elaborada por Reuters News. Mais hoxe temos outra boa nova: por décimo ano consecutivo, a USC figura entre as 500 mellores universidades do mundo segundo o National Taiwan University Ranking (NTU Ranking), clasificación internacional baseada en indicadores obxectivos para medir o rendemento da produción científica das universidades.

Na súa confección, este ránking toma en consideración tres criterios: o de excelencia da investigación (40% da nota final), o impacto (35%) e a produción científica (25%). Neste sentido, para medir a excelencia valóranse o número de artigos altamente citados no período 2005-2015 e o de artigos publicados en 2014-2015 en publicacións de alto impacto; mentres que para o de impacto aténdese ao número de citacións nos dous últimos anos, a media de citacións acadada entre 2005 e 2015 e o índice h entre 2014 e 2015. Finalmente, o NTU Ránking mide a produtividade a partir do número de artigos publicados nos últimos once anos, os de 2015 e o índice de citación do período 2005-2015.

A Universidade de Santiago de Compostela é a décima de España nesta clasificación dun total de 18 e ocupa o posto 404 da clasificación xeral. A investigación realizada pola USC destaca igualmente no ámbito específico das Matemáticas situándose na posición 76 de entre as mellores universidades do mundo. Igualmente destacadas son as posicións acadadas no ámbito das Ciencias da agricultura (162), Enxeñaría mecánica (180), Enxeñaría química (219), Farmacoloxía e Toxicoloxía (255), Química (255), Enxeñaría Civil (258), Ciencia da plantas e dos animais (280), e Ambiente e ecoloxía (297). De entre un total de seis campos temáticos, a USC figura na posición 278 do da Agricultura.

0

Tamén che pode interesar...

3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía
3 motivos para estudar o Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía

paraestudarlugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *